Jack Endino é un produtor musical baseado en Seattle. Asociado durante moito tempo ao selo Sub Pop e ao movemento grunge, Endino traballou en álbumes de bandas como Mudhoney e Soundgarden, pero probablemente é máis coñecido por producir o primeiro álbum de Nirvana, Bleach, editado en 1989. Máis recentemente produciu álbumes de bandas como Hot Hot Heat, Therapy?, The Black Halos e Zeke. Tamén tocou nunha banda chamada Skin Yard e en outubro do 2005 editou o seu terceiro álbum en solitario, Permanent Fatal Error. Os seus dous anteriores traballos son Angle of Attack e Endino's Earthworm.