It's a Shame about Ray é un álbum da banda estadounidense The Lemonheads. Foi editado o día 2 de xuño de 1992 através da Atlantic Records. Tom Morgan da banda australiana Smudge axudou na composición do álbum, mentres que Juliana Hatfield tocou o baixo e fixo coros nalgúns temas. Houbo tamén unha "edición de coleccionistas" lanzada polo selo Rhino no 2008. Esta inclue varias versións demo das cancións do álbum, xunto coa cara-B "Shaky Ground" e un DVD co video anteriormente editado en VHS Two Weeks In Australia.
It's a Shame about Ray é un álbum da banda estadounidense The Lemonheads. Foi editado o día 2 de xuño de 1992 através da Atlantic Records. Tom Morgan da banda australiana Smudge axudou na composición do álbum, mentres que Juliana Hatfield tocou o baixo e fixo coros nalgúns temas. Despois da súa edición inicial, o álbum foi reeditado cunha versión de "Mrs. Robinson", tema de Simon & Garfunkel, que foi lanzado coma sinxelo. A canción fora gravada despois das outras, cun baixista distinto. Presións do selo discográfico tamén causaron que o título de "My Drug Buddy" fose reducido a un menos provocativo "Buddy" cando o álbum foi reeditado. Houbo tamén unha "edición de coleccionistas" lanzada polo selo Rhino no 2008. Esta inclue varias versións demo das cancións do álbum, xunto coa cara-B "Shaky Ground" e un DVD co video anteriormente editado en VHS Two Weeks In Australia.