A Fender Jazzmaster é unha guitarra eléctrica que foi presentada por vez primeira no NAMM (feira musical estadounidense) de 1958. Como o seu nome indica, estivo inicialmente destinada a guitarristas de jazz. Foi posteriormente utilizada por guitarristas de surf rock e, máis recentemente, por músicos de rock alternativo.
A Fender Jazzmaster é unha guitarra eléctrica que foi presentada por vez primeira no NAMM (feira musical estadounidense) de 1958. Como o seu nome indica, estivo inicialmente destinada a guitarristas de jazz. Foi posteriormente utilizada por guitarristas de surf rock e, máis recentemente, por músicos de rock alternativo. A Jazzmaster ten un son máis meloso que a Stratocaster, que brindaba un son máis de jazz, a pesares de non ser aceptada de todo polos músicos de jazz. En cambio, os guitarristas de rock a usaban, especialmente los de surf rock The Ventures e The Fireballs foron prominentes usuarios da Jazzmaster. Posteriormente Fender recoñecería a necesidade de crear unha guitarra cun deseño "surf", e presentou a Fender Jaguar.