Adore é o cuarto álbum de estudio da banda The Smashing Pumpkins. Foi editado o 2 de xuño de 1998 através da Virgin Records. Adore é o único álbum de The Smashing Pumpkins que non conta co baterista Jimmy Chamberlin. Adore marca un evidente cambio no son da banda, amosando máis influencias electrónicas e introducindo caixas de ritmos e sintetizadores en practicamente todos os temas.
Adore é o cuarto álbum de estudio da banda The Smashing Pumpkins. Foi editado o 2 de xuño de 1998 através da Virgin Records. Adore é o único álbum de The Smashing Pumpkins que non conta co baterista Jimmy Chamberlin. Adore marca un evidente cambio no son da banda, amosando máis influencias electrónicas e introducindo caixas de ritmos e sintetizadores en practicamente todos os temas. Comercialmente quedouse moi lonxe do éxito obtido polos dous discos anteriores da banda, Siamese Dream e Mellon Collie and the Infinite Sadness, vendendo unicamente 1,1 millóns de copias, sen embargo recibiu boas críticas e incluso obtivo unha nominación, á mellor actuación de música alternativa, nos premios Grammy de 1999.