Keeley Davis (nacido o 4 de xaneiro de 1976) é un músico estadounidense procedente de Richmond, Virginia. Foi o vocalista da banda Engine Down, onde tamén tocaba a guitarra. Estivo tamén na banda Denali coa súa irmá Maura, onde tocaba o baixo e os sintetixadores.
Keeley Davis (nacido o 4 de xaneiro de 1976) é un músico estadounidense procedente de Richmond, Virginia. Foi o vocalista da banda Engine Down, onde tamén tocaba a guitarra. Estivo tamén na banda Denali coa súa irmá Maura, onde tocaba o baixo e os sintetixadores. Engine Down separouse no ano 2005 e Davis uníuse a Sparta como guitarrista. Keeley estivo dende entón colaborando coa súa irmá Maura no seu proxecto paralelo de indie rock ambiental Glös, onde tamén está o antigo baterista de Engine Down Cornbread Compton. O seu álbum de debut Harmonium foi editado en abril do 2007 polo selo Lovitt Records.