Led Zeppelin III é o terveiro álbum da banda inglesa Led Zeppelin, e foi editado o 5 de outubro de 1970 através da Atlantic Records. Composto en grande parte nunha apartada casa rural en Gales coñecida coma Bron-Yr-Aur, este traballo representa unha madurez na música da banda dirixíndose cara un maior énfase dos sons folk e acústicos. Isto sorprendeu a moitos fans e críticos, e tras o seu lanzamento o álbum recibiu comentarios bastante indiferentes. A pesares de non ser un dos traballos con máis vendas de Led Zeppelin, Led Zeppelin III é na actualidade apreciado como un importante hito na historia da banda.