| abstract
| - In English, see Odin Brotherhood (Book) See the main article on the Odin Brotherhood See also Hermandad de Odín (Traducción al Español )/Pasos Seleccionados (Selections in Spanish) Brazilian site (in Portuguese) on the Odin Brotherhood Irmandade de Odin Odin Brotherhood. Autor: Mark Mirabello. Traducción Gallego: Brakja Hauri Falkon (Odin Brotherhood Material in Galician) Selecione Passagens Este traballo - escrito durante o que Herman Hesse chamou "o final dos tempos modernos, apiques antes do regreso do medioevo" - está deseñado para os estudantes das relixións ocultas. O paganismo é unha forza crecente, e creo que un observador neutro debe rexistrar e publicar algo do material dispoñible sobre a Irmandade de Odín, unha fraternidade misteriosa que é unha das máis interesantes manifestacións do politeísmo Odinista. Debido a que o meu propósito é máis de preservar que de criticar, simpremente detallei as crenzas da Irmandade, sen intentar escudriñar nos "misterios" deles. En momentos as ideas que me transmitían eran extremadamente fora do usual - doutrinas que divinizan ao home e humanizan aos Deuses; lendas de paredes máxicas que conducen a territorio divino; profecías de guerras con monstros apocalípticos; indicacións do achado dun tesouro de monolitos de ouro; e moito máis - pero decidín rexistrar estas ideas sen comentalas. Como sexa, é a miña esperanza, que outros, algún día, evaluarán o interesante e sorprendente fenómeno que é chamado Odinismo. Xa que a Irmandade de Odín é unha "sociedade secreta," as miñas fontes (atopadas mentres eu conducía unha investigación para un doctorado de historia, na Universidade Escocesa de Glasgow) deben permanecer anónimas, e por iso non podo documentar o meu material coas referencias adecuadas. Sento notar esta omisión, é especialmente lamentable porque non podo garantir a credibilidade dos individuos que se comunicaron comigo. A miña fontes parecen o suficientemente respectables - non estaban "traficando con forzas escuras" - pero invito aos meus lectores que se acheguen a este traballo co escepticismo apropiado. Para os lectores que desexen establecer contacto persoal coa Irmandade Odinista, non lles podo brindar algún mecanismo. Podo afirmar, de todas as maneiras, que algúns membros da Irmandade son membros tamén de certos grupos Odinistas que non evitan a publicidade, así que asociarse a organizacións Odinistas públicas pode permitir un encontro coa Irmandade. Considerando o formato deste traballo, usei o diálogo, xa que os poemas sagrados de todos os Odinistas (os lendarios poemas Eddicos) usan a conversación para tratar a información relixiosa de importancia. Había un factor negativo - Os diálogos Eddicos sempre terminan coa morte dun dos interlocutores - pero decidín ignorar ese risco. O diálogo resultante é un mosaico feito de fragmentos de numerosas discusións que ocorreron a través de moitos anos, e non é o rexistro actual dunha soa conversación cun só individuo. Por outra banda, xa que a maior parte das miñas fontes non falan o ingles como primeira lingua, a procura por claridade forzoume a usar as miñas propias palabras para expresar as súas ideas. De calquera modo, en todo caso fun coidadoso de preservar a integridade fundamental da mensaxe. Esta edición incorpora uns poucos (aínda que importantes) cambios no texto. En calquera caso, os cambios clarificarán a mensaxe. Igual que en edicións anteriores, tratei de aclarar a perspectiva única que ten o Odinismo sobre a realidade. Nunha época de credos simplistas e explicacións superficiais, os Odinistas son homes e mulleres que coñecen que o espazo non é seguro, que o tempo non é cronolóxico e que o pasado non está tan morto como os humanos cremos.
|